Roteiro dos faros

Estrelas de navegantes costeiros.

Vive esta experiencia navegando  e se queres aprende de forma activa participando en cada manobra de cambio de velas, levando o timón, amarrando no porto…

Nesta ruta combinamos alguns lugares de gran interese turístico e afastados das rutas tradicionais coma Fisterra ou Corrubedo, xunto con outros espazos protexidos e moy pouco coñecidos coma Ézaro (có río Xallas caendo directamente ao mar), Corcubión ( a ría menos coñecida e máis pequena da fachada Atlántica) ou a praia de Carnota ( famosa por ser a máis longa de toda Galicia) con máis de 7 km de lonxitude.
Navegaremos a maior parte do tempo por mar aberto donde a forza do vento e a mar, en ocasións, serán os protagonistas.

  • PORTO DE EMBARQUE: RIBEIRA
  • SAIDAS PARA GRUPOS: A elexir data
  • PREZO: 2580€ barco/4 días (máximo 6 pers.)

Hora de embarque: 10:00 horas

Hora de zarpar: 10:30 horas

Pola mañá navegaremos rumbo 180º ata o arquipélago de Sálvora, e despois de avistar os faros de Ons e San Viciente pararemos para comer a bordo fondeados ou na mesma illa. Pola tarde visitaremos o faro da illa para despois continuar navegando ata Corrubedo, onde faremos noite a bordo no mismo pobo.

Día 2

Pola mañá visitaremos o faro de Corrubedo. Ao redor do mediodía zarparemos rumbo ó mítico faro de Fisterra, a onde chegaremos sobre o solpor e logo de navegar 25 millas durante unhas cinco horas. Faremos noite a bordo no mismo porto. 

Pola mañá visitaremos o faro de Corrubedo. Ao redor do mediodía zarparemos rumbo ó mítico faro de Fisterra, a onde chegaremos sobre ao solpor e logo de navegar 25 millas durante unhas cinco horas. Faremos noite a bordo no mismo porto. 

Pola mañá, visita obrigada ao pobo e ó faro de Fisterra, ou mañá libre. Xa pola tarde, despois de deixar polo través o faro de Cee, poremos rumbo cara a pequena e abrigada ría de Corcubión para facer noite e repoñer forzas. 

Pola mañá poremos rumbo ao Ézaro para contemplar a cascada do río caendo sobre o mar, có pequeno pobo e praia de fondo. Despois de xantar levaremos ancla para dirixirnos cara Muros. De camino, visita obrigada é a praia de “as Lagoas” –espazio protexido- , e o faro na entrada á bahía de San Francisco, para terminar na medieval vila de Muros. 

O prezo inclue:  Patrón-guía, combustible, amarre, fondeo con desembarco na zodiac, auga potable, IVE, e todos os servizos de a bordo de baños, cociña e camarotes.

(Non inclue comidas).

Podese levar os víveres para o día a bordo, ou comer en calquera dos bares de cada porto.

Atuendo: Recomendase levar roupa cómoda e deportiva así coma prendas de abrigo e chaqueta de auga. O calzado recomendado será deportivo para non esvarar.

Non se permiten tacóns.