Descripción da rutas

Entre delfins e lendas celtas.

Muros, extraordinario porto natural e unha das capitais da ría.

Fachadas de pedra, arcos e tellas; cos espesos bosques que a acubillan, trazan unha postal inesquecible. Imprescindible percorrela a pé para descubrir as súas estreitas canellas medievais, igrexas, fontes…

Á entrada da ría no seu lado norte, e ao abeiro do monte Louro, atopamos a baía de San Francisco. Non é a de EUA… pero si a que lle deu nome a través dos seus monxes.

Na parte sur atopamos Portosín; moderno ambiente náutico e descanso habitual de navegantes e aventureiros trotamundos en tránsito.

  • PORTO DE EMBARQUE :  MUROS
  • SAÍDAS PARA GRUPOS:  A elixir data
  • PREZO PARA GRUPOS: 1080-€ barco/2 días (máximo 8 pers.)

PROGRAMA

Hora de embarque: 10:00 horas

Hora de saída: 10:30 horas

Hora de chegada a Castro de Baroña: 12:30 horas

Tempo libre para bañarse, visitar o castro e comer a bordo.

A media tarde sairemos navegar pola ría para bañarse na praia da Lagoa. Logo continuaremos para fondear e facer noite a bordo na baía de San Francisco.

Hora de levar áncoras cara a Aguieira: 10:30 horas

Hora de chegada a Aguieira: 12:30 horas

Tempo libre para bañarse, desembarcar e descubrir o piñeiral, as dunas e o río desta emblemática praia.

A media tarde sairemos rumbo a Portosín para coñecer a vila e o ambiente do náutico.

Hora de embarque para retorno: 17:30 horas

Hora de arribada a Muros: 19:30 horas

O prezo inclúe: Patrón-guía, combustible, amarres, fondeo con desembarco,amarre, auga potable, IVE, e todos os servizos de a bordo de baños, cociña e camarotes.

(Non inclúe comidas)

Pódense levar os víveres para o día, ou comer en calquera dos bares do porto.

Vestimenta: Recoméndase levar roupa cómoda e deportiva así como garantías de abrigo e chaqueta de auga. O calzado debe ser de sola clara, (a sola escura deixa pegadas). Non se permiten tacóns.