Descripción da rutas

Espectacular encontro entre a Terra e o Mar.

Situado nun dos vértices máis occidentais do continente Europeo, é lugar de refuxio e descanso para unha gran variedade de aves.

Parque natural, ZEPA, LIC, ou RAMSAR son algunhas das figuras que protexen este espazo. Os censos de aves acuáticas hibernantes realizados nos últimos anos proporcionan unha media de 2.300 individuos pertencentes a máis de 35 especies.

Nesta ruta propoñemos visitar e coñecer unha das dunas móbiles máis grandes de Europa, coas súas lagoas de auga doce e salgada, que forma un dos areais mellor conservados de Galicia.

Visitar o faro de Corrubedo, pasear polas multicolores rúas da vila ou descansar nalgunha das terrazas situadas ao bordo do mar no mesmo porto, un pracer para os sentidos.

Fondear e comer a bordo na cala de Sálvora, navegar paralelos ao enorme areal, ou darse un baño en mar aberto, toda unha experiencia chea de vida.

  • PORTO DE EMBARQUE :  RIBEIRA ou MUROS
  • SAÍDAS PARA GRUPOS:  A elixir data
  • PREZO PARA GRUPOS: 1080-€ barco/2 días (máximo 8 pers.)

PROGRAMA

Hora de embarque:  10:00 horas

Hora de saída:  10:30 horas

Hora de chegada a Corrubedo:  13:30 horas

Tempo libre para comer no pobo ou a bordo.

Despois poderase visitar a vila, as dunas, ou o faro. A media tarde sairemos navegar pola gran baía que forma o complexo dunar. Durmir a bordo, fondeados, en Corrubedo.

Hora de levar áncoras cara a Sálvora: 10:30 horas

Hora de arribada a Sálvora: 12:30 horas

Tempo libre para desembarcar na illa, coñecer o faro ou descansar nas súas solitarias praias.

Hora de embarque para regreso a porto base ( Muros: 16:00 horas – Ribeira: 17:30 horas ).

O prezo inclúe:  Patrón-guía, combustible, amarres, fondeo con desembarco en zodiac, auga potable, IVE, e todos os servizos de a bordo de baños, cociña e camarotes.

(Non inclúe comidas).

Pódense levar os víveres para o día, ou comer en calquera dos bares do porto.Para ir a Sálvora, imprescindible levar os víveres.

Vestimenta: Recoméndase levar roupa cómoda e deportiva así como pezas de abrigo e chaqueta de auga. O calzado debe ser de sola clara, (a sola escura deixa pegadas). Non se permiten tacóns.