Descripción da rutas

Esencia de Galicia

Situada na entrada da Ría de Pontevedra; cos seus 7 km de longo por 1,5 km de ancho, é a segunda máis grande do Parque.

O lado oeste, que dá ao mar aberto, é moi acantilado e rochoso onde o rigor do vento e o mar se deixa sentir con impoñente forza.

O lado oriental, coas súas pendentes máis suaves caendo cara ao mar, finaliza a miúdo en praias de fina area e augas transparentes. É nesta parte da illa onde están asentados e moi dispersos os pequenos poboados.

Percorre algunha das súas rutas nas que poderás visitar o faro, un dos de maior alcance de España, ou “O buraco do inferno”, do que se di é a mesma entrada ao inferno.

Carece de estradas e transporte. No mesmo porto poderás gozar dunha gastronomía espectacular na que destaca a “caldeirada de polbo”. Degustar este manxar na terraza de “Casa Chechu” …  unha auténtica delicia.

  • PORTO DE EMBARQUE :  RIBEIRA
  • SAÍDAS PARA GRUPOS:  A elixir data
  • PREZO PARA GRUPOS: 650-€ barco/1 día (máximo 10 pers.)

PROGRAMA

Hora de embarque: 10:00 horas

Hora de saída: 10:30 horas

Hora de arribar a  Ons: 12:30 horas

Comida a bordo ou en terra. Tempo libre para visitar a illa ou gozar das suas praias.

Hora de levar áncoras de Ons : 17:30 horas

Hora de arribar a Ribeira : 19:30 horas

O prezo inclúe: Patrón-guía, combustible, amarres, fondeos con desembarco, auga potable, IVE, e todos os servizos de a bordo de baños, cociña e camarotes.

(Non inclúe comidas)

Pódense levar os víveres para o día, ou comer en calquera dos bares do porto. Recoméndase esta última opción.

Vestimenta: Recoméndase levar roupa cómoda e deportiva así como pezas de abrigo e chaqueta de auga. O calzado debe ser de sola clara, (a sola escura deixa pegadas). Non se permiten tacóns.