Descripción da rutas

As duas illas máis grandes do Parque Nacional.

Tres illas forman o arquipélago de Cíes. A praia de Rodas, que une de forma natural a illa do Faro e a do Norte, foi declarada a máis bela do mundo no ano 2007 polo diario británico The Guardian.

A ruta ao faro, situado no punto máis alto do arquipélago, visita obrigada.

A terceira illa, a do Sur ou de San Martiño, só é accesible en barco privado fondeando na súa paradisíaca praia, posiblemente xunto con Onzeta sexan as máis virxes de todo o Parque.

Neste arquipélago conviven unhas 25.000 parellas de gaivota patiamarela e forman a colonia máis grande do mundo. Nada ten que envexarlle á súa veciña Illa de Ons, que comparte con Cíes numerosas especies de aves mariñas.

Navegando entre os dous arquipélagos será doado gozar, no seu estado máis puro e salvaxe, da compañía de delfíns, mascatos, corvos mariños ou araos, estes case extinguidos.

  • PORTO DE EMBARQUE :  RIBEIRA
  • SAÍDAS PARA GRUPOS:  A elixir data
  • PREZO PARA GRUPOS: 1080-€ barco/2 días (máximo 8 pers.)

PROGRAMA

Hora de embarque: 10:00 horas

Hora de saída: 10:30 horas

Hora de arribada a  Cíes: 14:30 horas

Comida a bordo ou en terra. Tempo libre para visitar a illa ou gozar das súas praias.

Durmir a bordo, fondeados na praia de Rodas ou de San Martiño.

Hora de levar áncoras cara a Ons: 10:30 horas

Hora de arribada a Ons: 12:30 horas

Tempo libre para visitar a illa e gozar das súas praias e  rica gastronomía.

Hora de embarque-regreso: 17:00 horas

Hora de arribada a Ribeira: 19:30 horas

O prezo inclúe:  Patrón-guía, combustible, amarres,  fondeo con desembarco en zodiac, auga potable, IVE, e todos los servizos de a bordo de baños, cociña e camarotes.

(Non inclúe comidas).

Podense levar os víveres para o día a bordo, ou comer en calquera dos bares das illas.

Vestimenta: Recoméndase levar roupa cómoda e deportiva así como pezas de abrigo e chaqueta de auga. O calzado debe ser de sola clara, (a sola escura deixa pegadas). Non se permiten tacóns.