Descripción da rutas

Evocadora de lendas e testemuña de tráxicos naufraxios.

Situada na entrada da Ría de Arousa e apartada dos circuítos turísticos. Durante todo o ano non chega ningún barco de pasaxe regular ata a illa.

É a terceira dos arquipélagos do Parque Nacional, cun nivel de protección que supera as súas veciñas illas de Ons e Cíes.

Non existe ningún tipo de transporte en toda a illa, e só se permite o acceso libre ao faro e a un par de praias. Cun guía poderase visitar a antiga e abandonada vila, coas súas casas e rúas totalmente empedradas.

As únicas persoas que habitan o ámbito son o fareiro e un vixilante do Parque.

  • PORTO DE EMBARQUE :  RIBEIRA
  • SAÍDAS PARA GRUPOS:  A elixir data
  • PREZO PARA GRUPOS: 650-€ barco/1 día (máximo 10 pers.)

PROGRAMA

Hora de embarque: 10:00 horas

Hora de saída: 10:30 horas

Hora de arribada a Sálvora: 12:00 horas

Comida a bordo ou en terra. Tempo libre para visitar a illa ou gozar das súas praias.

Hora de levar áncoras de Sálvora : 17:30 horas

Hora de arribar a Ribeira : 19:00 horas

O prezo inclúe: Patrón-guía, combustible, amarre, fondeos, auga potable, IVE, e todos os servizos de a bordo de baños, cociña e camarotes.

(Non inclúe comida)

Debemos levar víveres para o día, non incluída no prezo.

Vestimenta: Recoméndase levar roupa cómoda e deportiva así como pezas de abrigo e chaqueta de auga. O calzado debe ser de sola clara (a sola escura deixa pegadas). Non se permiten tacóns.