Curso de iniciación (2 días)

Curso orientado a persoas que desexen iniciarse no mundo da vela de cruceiro e que teñan un nivel baixo ou nulo de coñecementos, independentemente das titulacións oficiais que posúan.

Propoñemos pasar dous días navegando e participando, dende o momento do embarque, na distribución de tarefas diarias a bordo, así como na ruta que se vai seguir sobre a carta, quendas de temón, axustes de vela…

O principal obxectivo deste curso, é que todos os participantes consigan un nivel básico de coñecementos e suficiente autonomía no funcionamento e manexo de veleiros, facendo fincapé na propulsión a vela e as manobras máis complexas.

Navegaremos entre as Rías Baixas e o parque nacional das Illas Atlánticas. Esta é unha navegación bastante tranquila e segura por estar ao abrigo e nas zonas máis protexidas de toda a costa galega.

Visitaremos lugares de grande interese paisaxísticos coa posibilidade de fondear en lugares tan emblemáticos como poden ser as Illas Cíes, Ons ou Arousa, entre outros.

PROGRAMA

Normas de seguridade. Nomenclatura básica das diferentes partes do veleiro. Enxarcia firme e de labor. Nós. Guinches. Piano. Izado e arriado de velas. Motor. Manobras básicas. Amarres. Rumbos (largo, popa, través e cinguida).

Travesía: Posta de barco a son de mar e navegación á vista. Marcas e enfilacións.

Boas prácticas ambientais.

 

Manexo de electrónica a bordo con prácticas reais. Plótter (carta mariña electrónica).

Radio VHF. Frecuencias e funcionamento.

Interpretación de carta náutica e os seus símbolos. Trazado de rumbos, distancias, nós.

Travesía: Posta de barco a son de mar e navegación por compás.

Rumbos: Largo, popa, través e cinguida. Trimado correcto de velas.

  • PORTO DE EMBARQUE :  RIBEIRA
  • PREZO INDIVIDUAL: (camart. dobles/compartir).130€/pers.(2 días)-mínimo 6 persoas.  (Consultar datas)
  • PREZO PARA GRUPOS: 780€( 2 días) – máximo 8 persoas. Elixe a tua data (Maio, xuño, Septembro ou outubro)

O prezo inclúe: Patrón, combustible, fondeo con desembarco, auga potable, IVE, e todos os servizos de a bordo de baños, cociña e camarotes).

(Non inclúe comidas)

Pódese embarcar os víveres para o día, ou comer en calquera dos bares de cada porto.

Vestimenta: Recoméndase levar roupa cómoda e deportiva así como pezas de abrigo e chaqueta de auga. O calzado debe ser de sola clara (a sola escura deixa pegadas).