Escola homologada nº XGEN045

Navegar é algo máis que izar as velas.

En Arousa Náutica amamos e respetamos o mar e pensamos que é importante coñecelo ben e estar preparado.

Por eso, ademáis de prepararte para obter os títulos oficiáis, ofrecemos as prácticas e temos un programa de formación pensado para que aprendas a navegar e gañes experiencia de forma segura.

Porcentaxe de alumnos aprobados (2016): 90%

Respaldándonos no porcentaxe de aprobados, a aqueles alumnos que non superen a proba teórica, ofrecemoslle a posibilidade de realizar un segundo curso teórico de forma gratuita.

10276973833_ffcdddb806_z

Cursos para titulacións oficiáis

ATRIBUCIÓNS:

A licenza de navegación permite o goberno de embarcacións de ata 6 metros de eslora cunha potencia de motor axeitada según fabricante. O tipo de navegación será diurna e faculta para navegar dende un porto ou lugar de abrigo ata 2 millas.
Tamén permite o goberno de motos náuticas clase C (ata 55 cv).

REQUISITOS:

  • Realización dun curso teórico de 2 horas e unhas prácticas de 4 horas.
  • Idade mínima de 18 anos ou 16 con autorización paterna ou titor legal.
  • Si se posue o titulín soamente haberá que realizar a parte práctica (4 horas).
Saber máis

 

ATRIBUCIÓNS:

O título de Patrón de Navegación Básica coñecido como PNB, permite o goberno de embarcacións de lecer de ata 8 metros de eslora a motor ou vela. A zona de navegación está limitada a 5 millas en navegación diurna ou nocturna.
Este título habilita tamén no manexo de motos náuticas.

REQUISITOS:

  • Non é necesario estar en posesión de ningunha titulación anterior
  • Requírese unha idade mínima de 18 anos o 16 anos con autorización paterna ou titor legal.
  • Aprobar o examen teórico correspondente.
  • Prácticas de radiocomunicacións de 4 horas con simuladores do S.M.S.S.M.
  • Prácticas de 8 horas correspondentes a navegación e seguridade.
  • Prácticas de vela de 16 horas (obrigatorias só para gobernar veleiros).
  • Análise Psicotécnico.
Saber máis

ATRIBUCIÓNS:

O título de Patrón de Embarcacións de Lecer (PEL), permite o goberno de embarcacións a motor e a vela de ata 15 metros de eslora, cun límite de distancia de ata 12 millas da liña de costa en navegación diurna ou nocturna, así como navegación interinsular nos arquipélagos de Baleares e Canarias.
Tamén habilita para o goberno de motos náuticas.

REQUISITOS:

  • Non é necesario estar en posesión de ningunha titulación anterior.
  • Requírese unha idade mínima de 18 anos.
  • Aprobar o exame teórico correspondente.
  • Prácticas de radiocomunicacións de 12 horas con simuladores do S.M.S.S.M.
  • Prácticas de 16 horas correspondentes a navegación e seguridade.
  • Prácticas de navegación a vela de 16 horas (obrigatorias para gobernar veleiros).
  • Análise Psicotécnico.
Saber máis

 


ATRIBUCIÓNS:

O título de Patrón de Iate permite o goberno de embarcacións de lecer de ata 24 metros de eslora que faculta para navegar ata 150 millas da liña de costa.

REQUISITOS:

  • É necesario estar en posesión da titulación PEL.
  • Aprobar o examen teórico correspondente.
  • Prácticas de 48 horas correspondentes a navegación e seguridade.
  • Análise Psicotécnico.
Saber máis

 

 

ATRIBUCIÓNS:
O título de Capitán de Iate permite o goberno de embarcacións de lecer de ata 24 metros de eslora que faculta para navegar sen limites.

REQUISITOS:

  • É necesario estar en posesión da titulación PI.
  • Aprobar o examen teórico correspondente.
  • Prácticas de 48 horas correspondentes anavegación e seguridade.
  • Análise Psicotécnico.
Saber máis

 

 

Cursos de Navegación e Experiencias Arousa Naútica

Aprende o manexo básico do veleiro embarcándote dous días con nosco.

Descubre máis aquí

Adquire experiencia e dominio na navegación costeira. Imprescindible embarques previos.

Descubre máis aquí

Coñece a historia e o manexo da vela tradicional nas rías aprendendo a navegar en dorna.

Descubre máis aquí