Benvidos a Arousa Náutica

En Arousa Náutica dámosche a benvida a bordo para gozares dunhas singraduras inesquecibles polas Rías Baixas e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Tanto se buscas unha proposta de descanso, aventura, cultura ou formación (ou un pouquiño de todo…) vas estar sempre en mans de profesionais cualificados, titulados e con anos de experiencia no mar.

Consulta as rutas e travesías que deseñamos, os cursos de formación para gañar experiencias e as ofertas de alugamento. E non dubides en poñerte en contacto connosco para calquera consulta ou para configurar un plan á túa medida.

¿Que che ofrecemos?

Experiencia e seguridade
A nosa tripulación, patróns e mariñeiros, están en posesión e ao día das titulacións e cursos oficiais. Cumpren con todos os requisitos legais. Con anos de experiencia en navegación costeira, e na maioría da tripulación, con embarques en navegacións de altura.

A seguridade é sempre o primeiro criterio a ter en conta antes de soltar amarras.

Formación completa
Ofertamos cursos de iniciación á vela de cruceiro, orientados a todos/as aqueles/as que queiran comezar de forma segura e centrándose nas manobras máis básicas.

Cursos para adquirir formación, orientados a quen xa posúan algunha experiencia e queiran seguir progresando no mundo da vela.


Descubrir as rías
Embárcate e descobre esta terra dunha forma diferente. A seguridade que nos ofrecen as Rías Baixas en calquera época do ano está fóra de toda dúbida. A posibilidade de saír a mar aberto e sentir a forza do Atlántico… un privilexio.

 

Bo ambiente
En cada unha das nosas travesías, un dos principais obxectivos é que cada pasaxeiro leve a mellor lembranza  e unha vivencia para non esquecer.

Esforzámonos ao máximo para que así sexa, e sempre tomamos boa nota de calquera suxestión para seguirmos mellorar.


SEDE

Noso porto base está no clube náutico deportivo de Ribeira (Coruña, A)

nautico-ext

nautico-ext-port

aula-nautico

TRIPULACIÓN

Fernando
FernandoPatrón charter e instrutor de prácticas
Manel
ManelDirector de escola y C.M. Arousa Náutica
Fernando G. Bujalance
Fernando G. BujalancePatrón charter e instrutor de prácticas
Marcos
MarcosProfesor de teoría e instrutor de prácticas

 

BARCOS

Fénix VI

FenixVI_complet

O Fénix VI é un Oceanis-Clipper 47.3. 14,20 metros de veleiro con habitabilidade para 10+2 persoas comodamente. Un luxo para descubrir os segredos das rías.

Ver ficha do barco

Karracucas

Karra_b

Karracucas é un Dufour de 36 pés (11 metros) especialmente equipado para facer as prácticas dos títulos oficiais para o PER e o PNB.

Ver ficha do barco