Navegaremos polas zonas de Cabo Fisterra, cabo Corrubedo, monte Louro-Muros, Ézaro, ou Corcubión, entre outros. Esta é unha zona onde a forza do mar e o vento, en ocasións, serán os protagonistas.

Pasaremos catro días navegando e participando ─dende o momento do embarque─ na distribución de tarefas diarias a bordo: trazado de rutas sobre a carta, quendas de leme, manobras a vela, atraque e fondeo, instrumentación electrónica, comunicacións etc.

En todo momento a situación é real, e a experiencia práctica ─supervisada polo patrón─ irá levando a que os participantes acaben tendo certa autonomía, confianza e destrezas axeitadas para as travesías de cruceiro, facendo especial fincapé na propulsión a vela.

Ao longo do día haberá oportunidade para a visita a pequenos e pintorescos portos. Poderemos darnos un baño, degustar a gastronomía local, avistar delfíns ou tomar unha copa nalgunha terraza cunhas tapas e comentando as experiencias da xornada.

PROGRAMA

Seguridade. Nomenclatura básica. Enxarcia firme e de labor. Nós. Izado e arriado de velas. Motor. Amarres e fondeos: Garrar e bornear. Rumbos: largo, popa, través e cinguida. Navegación á vista. Boas prácticas ambientais.

Lexislación e regulamentos. Manexo de electrónica con prácticas. Plótter e GPS. Radar. Radio VHF frecuencias e obrigas. Cartas náuticas. Rumbos cuadrantais e circulares. Marcas e enfilacións. Trimado correcto de velas.

Meteoroloxía, comprensión de mapas isobáricos e fontes fiables e profesionais. Ventos (terral e virazón). Correntes oceánicas de deriva e de marea. Sinalización marítima nocturnas con prácticas.

Prácticas de seguridade no mar con manobras de home á auga. Liñas de vida. Traxe de supervivencia. Prácticas de deriva segura e cómoda para condicións duras de navegación. Prácticas con áncora de capa. Navegación por compás e estima.

  • PORTO DE EMBARQUE : MUROS
  • DISTANCIAS : Decidirase a bordo en función das condicións metereolóxicas.
  • PREZO PARA GRUPOS : 1.750€- 4 días ( máximo 8 per.) (maio, xuño, setembro ou outubro).
  • PREZO PARA GRUPOS : 1.960€- 4 días ( máximo 8 per.) (xullo e agosto).

O prezo inclúe: Patrón, combustible, fondeo con desembarcos, auga potable, IVE, e todos os servizos de a bordo de baños, cociña e camarotes)

Non inclúe comidas.

Pódese embarcar os víveres ou comer en calquera dos bares de cada porto.

Vestimenta: Recoméndase levar roupa cómoda e deportiva así como pezas de abrigo e chaqueta de auga. O calzado debe ser de sola clara (a sola escura deixa pegadas).